Voluntariado coserá máscaras co material doado por África Copias e Alcoa

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, púxose en contacto coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, para plantexar e solicitar a colaboración do Concello para a confección de máscaras, por parte do voluntariado que se ofreza, co material que decidiron doar Alcoa e África Copias. "Nunha situación tan adversa como esta temos que ser quen de traballar cóbado con cóbado, de aportar e saber sumar", engadiu a portavoz do BNG, Míriam Bermúdez.
Desde o concello realizáronxe as xestións necesarias con Alcoa e África Copias para conseguir a doación do material, un material moi específico e similar ao utilizado para a confección das máscaras sanitarias. Ademais déuselle traslado desta iniciativa a todos os voceiros municipais, que se implicaron coa búsqueda de máis voluntarixs.
Xa son 70 xs voluntarixs que se ofreceron polo momento para coser as máscaras, onde a Escola de Costura Loli Polo está a colaborar organizando o traballo, elaborando o patrón e cortando as teas. Neste video-tutorial explícanos Loli como realizar o cosido das máscaras:
O persoal de Protección Civil encargarase de entregar este material no domicilio de cada un dxs voluntarixs e de recoller as máscaras elaboradas adoptando as medidas de seguridade necesarias para evitaren os contaxios. Será o Concello o encargado de xestionar o uso das máscaras que se confeccionen, comezando por distribuílas entre o persoal municipal, as dúas residencias de maiores do concello e persoal de axuda a domicilio, por tratarse dun material que comeza a ser deficitario e imprescidíbel entre estes colectivos.
Afortunadamente tanto África Copias como Alcoa, doaron unha gran cantidade de material, polo que é posíbel aumentar o número de voluntariado e sumar un gran número de máscaras. Se algunha persoa quer sumarse a esta iniciativa debe chamar ao número de teléfono 647 639 033.