ANUNCIA QUE UNIRÁ OS NÚCLEOS DE VIVEIRO, CELEIRO E COVAS CON FRECUENCIA REGULAR

Viveiro contará cunha liña de bus urbano

Viveiro contará cunha liña de bus urbano
Míriam Bermúdez, tenenta de alcaldesa e responsable da área de mobilidade, indicou que a implantación do bus urbano “dará servizo, sen necesidade de empregar o coche, á maioría dos desprazamentos habituais da veciñanza de Viveiro, como é acudir as zonas comerciais e ao ao mercado, ir ao centro de saúde, ir á piscina, a zona dos pavillóns e do campo de fútbol ou achegarse a zonas de ocio. Ademais de mellorar a mobilidade, trátase de reducir o tráfico rodado e os problemas de estacionamento, mellorando a seguridade nas travesías, as molestias do exceso de tráfico e coidando o medioambiente.”

A nacionalista responsable de mobilidade sinalou que “é un proxecto complexo que implica ao Concello, outros organismos titulares de estradas, a Consellería de Mobilidade así como as empresas concesionarias que realizan servizos de transporte en Viveiro. Producíronse moitos avances e estanse a valorar diferentes alternativas, analizando a demanda potencial das diferentes áreas sen comprometer os tempos de percorrido e as frecuencias, condicionado ao orzamento dispoñible. Queremos achegalo ao máximo a zonas como Magazos ou Landrove, e ata Area na época estival para dar un servizo de praias.”
Viveiro contará cunha liña de bus urbano