Unha trintena de colectivos de Viveiro esixen á Xunta e ao Concello o saneamento da Ría

07 xan. 2019 - 19:15
Rexistrado na delegación de pesca da Xunta e tamén no Concello de Viveiro, un manifesto asinado por unha trintena de colectivos para a substitución do emisario submarino e as melloras tan necesarias na Edar de Viveiro, que están a botar vertidos na ría ademáis do perigo que supón para as embarcacións un tubo desas dimensións flotando na auga.
O BNG de Viveiro, como impulsor desta recollida de sinaturas, quere parabenizar e agradecer o éxito pola colaboración de cada un dos colectivos asinantes do manifesto a favor dunha ría limpa e con vida.
Achegamos manifesto e sinaturas recollidas: