A tenencía de alcaldía de Viveiro retira as xardineiras das beirarrúas da Travesía da Mariña para mellorar o tránsito de peóns e accesibilidade

06 out. 2023 - 17:11
Viveiro, 28 de setembro de 2023. A tenente de alcaldesa e concelleira de Obras de Viveiro, Miriam Bermúdez, informa da retirada das xardineiras que estaban ubicadas nas beirrarúas da Travesía da Mariña.
“Na maioría das ubicacións nas que estaban eran un obstáculo, e coa súa retirada melloramos o tránsito de peóns e avanzamos en accesibilidade, pensando nas persoas con mobilidade reducida ou nos carriños dos bebés”, explica Bermúdez.
En concreto, retiráronse as xardineiras que estaban na Travesía da Mariña no tramo que vai desde o restaurante Ría ata a pescadería. Algunhas delas estaban ademais en mal estado.
“Son pequenas actuacións para mellorar a mobilidade nas nosas rúas, pensando sempre na nosa veciñanza”, engade.