"Por si no lo sabéis en el BNG, las cosas cuestan dinero."

"Por si no lo sabéis en el BNG, las cosas cuestan dinero", esta foi a resposta da alcaldesa María Loureiro tras presentar en pleno a nosa proposta solicitando a colocación de marquesiñas en distintos puntos de Celeiro, como eran no CEIP, na gasolineira e na Escola de Idiomas. Puntos de gran influencia para o transporte público en xeral e o escolar en concreto.
Míriam Bermúdez di "parece mentira que un goberno en minoría gaste sen contemplacións 157.000€ exclusivamente nas festas patronais de Viveiro, pero logo non sexa capaz de resolver cousas tan esenciais como esta de uso diario e tan repetidamente demandada".
O mesmo pasa coa zona dos Espiñeiros, ao carón do edificio Pino Ladra de Celeiro, que contan cun acceso tercer mundista para os garaxes, entidades e vivendas que fan uso del, onde incluso o PSOE o levou no seu Programa Electoral das eleccións pasadas, e cando preguntamos en pleno de cando tiñan pensado acondicionar este acceso, resulta que a alcaldesa nin sabia do que estábamos a falar. O panfleto electoral, o que parecía a única folla de ruta do PSOE de Viveiro resulta, que non saben o que escribiron nel.