O que noutros concellos son feitos, para María Loureiro imposibles

O que noutros concellos son feitos, para María Loureiro imposibles

Ribadeo está a acondicionar un novo aparcadoiro público a través de comodato, un contrato de préstamo de uso entre Concello e propietarios de fincas para que solos en deshuso podan ser de uso e desfrute público.

Desde o BNG de Viveiro levamos 3 anos presionando ao Goberno de María Loureiro para que faga isto mesmo en Cantarrana e Covas, con varios solares en deshuso, totalmente dispoñíbeis e cos propietarios dispostos, pois xa foron varios os que se puxeron en contacto co Concello ofrecéndoos desde que se aprobou a moción do BNG.

Mais o noso Concello debe ser especial, o único con burocracia que non remata xamais, eterna até para as xestións internas coma esta, ou o que é peor, un Concello que só parece que se move algo en ano electoral. Terá por fin este ano Covas e Cantarrana novos aparcadoiros públicos?

O que noutros concellos son feitos, para María Loureiro imposibles
comentarios