O PSOE tumba a moción para un Viveiro ciclábel e o BNG insiste en crear unha Comisión de Estudo e Seguemento

A moción elaborada polo BNG en consenso con asociacións, colectivos e persoas particulares de Viveiro foi tumbada no pleno do 4 de agosto polo PSOE, sendo os únicos votos en contra os do actual Goberno Municipal onde o seu concelleiro de deportes, César Iglesias Docal, deixou claro que o seu partido non estaba a favor de ningún dos puntos desta moción. Puntos que propoñían cousas tan básicas como; a creación de ciclorúas, que segundo o concelleiro César Iglesias non teñen sentido, incluso sendo esta solución a práctica máis habitual que están a utilizar en toda Europa para dar solución e seguridade as bicicletas. Dotar de aparcabicicletas os lugares públicos, segundo o concelleiro o Goberno Municipal xa colocou alí onde llos solicitaron, Míriam Bermúdez lembroulle o Rogo do BNG no 2019 para dotar as praias e outros lugares públicos do concello e que aínda hoxe non se materializou, e que no concello non hai aparcabicis neste lugares de gran afluencia. Permitir amarrar libremente na rúa as bicicletas sempre e cando non entorpeza a circulación peonil, segundo César Iglesias tamén se trata dun punto negativo, xa que arrimar unha bici deterioraría o mobiliarío urbano, Míriam Bérmudez aclaroulle que con esta medida está demostrado que se incentivan as compras no comercio local. Zonas avanzadas de espera ciclista nos semáforos, segundo César Iglesias non se poden facer pois non está contemplado no regulamento de circulación, Míriam respondeu que moitas vilas e cidades levan décadas pintando estas zonas avanzadas tanto para bicis como para motos. Promover campañas de sensibilización e apoio ao medio ciclábel, Iglesias di que está ben potenciar a bicicleta pero que o Concello xa está en xestións para humanizar zonas do concello, Bermúdez di non ter nada que ver a proposición con esta resposta. En canto ao punto relacionado coa creación dunha comisión de seguemento e estudo, segundo o concelleiro de Deportes, xustificou tamén o voto desfavorábel do PSOE dicindo que se debera convocar esta comisión antes do pleno, aínda sendo a alcaldía o único organismo con potestade para crear comisións.
“Resulta escandaloso que un Concelleiro de Deportes sexa capaz de desbotar unha moción que só buscaba potenciar e dar seguridade ás bicicletas” asegura Míriam Bermúdez, “e máis estando nun momento histórico no que o uso da bicicleta no noso concello aumentou nun 1000%, con moita xente agardando para que se fixera algo para protexer e fomentar o seu uso". “Dende o BNG facilitamos o texto da moción 2 meses antes do pleno para facela en conxunto con todos os partidos, para que nos preguntasen e poder aclarar as dúbidas, así como modificar, quitar ou engadir o que fixera falla, máis o PSOE que votou en contra non quixo falar antes do pleno da moción deixando claro o nulo interese nas bicicletas e na humanización da vila."
Por desgraza hai moita xente que non está a coller a bici por medo, porque as políticas municipais de ordenación de tráfico están ausentes ou son desastrosas e non se ten en conta a necesidade de protexer as persoas máis vulnerábeis da calzada, “o único que se constatou”, afirma Bermúdez, “foi que o PSOE de María Loureiro non tiña nin o máis mínimo interese en aprobala, cun argumentario carente de información e de interese por facer que Viveiro fora unha vila propia do século XXI e amábel coas bicicletas.”
A votación do pleno finalizou cos únicos votos en contra do PSOE de María Loureiro:
A favor: BNG, Por e Son Viveiro
Abstención: PP
En contra: PSOE
COMISIÓN DE SEGUEMENTO E ESTUDO
Aínda así, Míriam Bermúdez insiste en que, un dos eixos fundamentais do BNG é devolver as vilas e cidades ás persoas, humanizando os espazos, favorecendo o transporte público e uns medios sustentábeis e amábeis coas persoas como son as bicicletas. Polo que a concelleira do BNG solicitou por rexistro o día seguinte ao pleno -mércores 5 de agosto-, a creación dunha Comisión de Estudo e Seguemento co fin de impulsar a creación de viais de preferencia ciclista e de carrísbici ao longo de todo o concello, pintar zonas avanzadas de espera nos semáforos para ciclistas, instalar aparcabicis que permitan atar a bici ao cadro nos sitios de gran afluencia e permitir amarrar as bicis libremente en farolas, sinais e árbores sempre e cando permitan unha circulación peonil cómoda.
Sendo tamén un dos obxectivos desta comisión, o de crear e promover campañas de sensibilización e apoio ao medio ciclábel para avivar o interese polo desprazamento nestes medios, permitindo a participación aos membros das asociacións interesadas (veciñais, deportivas…) do municipio así como a un membro de cada partido politico.
O BNG tamén proporá un sistema de alugueiro de bicicletas municipal no que, a través dunha reducida cota mensual ou anual, se poderá acoller calquer veciñx e visitantx a este sistema de prestamo de bicicletas que o concello poñería a dispór en distintos puntos distribuidos por todo o concello, permitindo desprazarse cómoda, rápida e saudábelmente por Viveiro e parroquias.