Propostas e valoración do BNG após a reunión de comerciantes

Propostas e valoración do BNG após a reunión de comerciantes

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, valora de maneira moi positiva a reunión celebrada no día de onte coa participación das asociacións de comerciantes CCHV e Beiras de Viveiro xa que era preciso escoitar as súas demandas para unha mellor comprensión da situación pola que atravesa o comercio viveirense, “fai un mes que a vimos solicitando dende o BNG, era previsíbel que ía a levar un tempo considerábel chegar a solucións para este sector, polo que comezar a traballar canto antes suporá un beneficio para a posterior situación de crise que sufrirá o comercio”.

As principais demandas por parte das asociacións baseáronse na exención de taxas municipais, non aprazamentos, axudas ao alugueiro -xa que só houbo dúas exencións de pago no noso concello- e incluso co imposto do IBI que algúns dos arrendatarios tamén teñen que facer fronte, así como un convenio económico entre concellos e ambas asociacións que permita dinamizar o comercio chegado o momento de rematarse o confinamento.

Neste sentido, a concelleira do BNG propuxo ás asociacións de comerciantes, que empregasen a aportación económica dese convenio non só para levar a cabo campañas publicitarias, se non para investilo en elaborar unha gran plataforma virtual do comercio viveirense e meterse de cheo neste mercado, “xa que a pesar do confinamento as ventas por internet non caeron senon todo o contrario, polo que é preciso que o comercio de Viveiro cree unha gran plataforma que ofreza este servizo de compra online á veciñanza”, recalca Míriam Bermúdez.

Demandou do goberno do PSOE o compromiso de manter e coñecer o importe das axudas económicas que ían destinarse á celebración de eventos e festas que non van poder materializarse, para elaborar con ese orzamento resultante unha bolsa de remanente que permita sufragar axudas ao pequeno comercio, ficando á espera de que se ofrezan os datos concretos por parte da consellería da facenda. Neste sentido dende o BNG o pasado 5 deste mes, solicitabamos unha reunión coa intervención para coñecer de preto a situación económica do concello á espera de ser convocados.

Na mema liña, propúxose o compromiso coa Deputación coa que se manteñen diferentes convenios económicos para acelebración de eventos, sendo preciso reorientear a finalidade dos mesmos mantendo os importes para termos así unha fonte de ingreso máis. Destacar ademais, que no Plan Único asinado a principios de mes, permítse destinar unha porcentaxe do total de 500.000€ destinados ao Concello de Viveiro, para subsanar aquelas situacións derivadas da actual crise sanitaria.

Solicitouse tamén a posibilidade de ofrecer por parte dos técnicos de emprego do concello, asesoramento ao pequeno comercio en canto á solicitude de axudas e trámites burocráticos, así como a difusión entre este sector das axudas das distintas Administracións para evitar posíbeis perdas de solicitudes por parte dos comerciantes, tal e como manifestaban dende a Asociación Beiras de Viveiro.

Por último no relacionado directamente co turismo, a concelleira nacionalista dirixiuse ao director da FCAM para propoñer que dende esa institución se promova unha gran campaña a nivel comarcal, para redescubrir a Mariña por parte da veciñanza, potenciar o turismo de cercanía e sostíbel, fomentando as potencialidades de cada concello xa que dada a situación actual, pasará tempo até poder recibir turistas doutras localizacións.

Propostas e valoración do BNG após a reunión de comerciantes
comentarios