Propostas do BNG para paliar a crise do coronavirus

Propostas do BNG para paliar a crise do coronavirus

Desde o BNG entendemos que o tempo de resposta é vital para atallar con éxito calquera crise, como a crise sanitaria e socioeconómica que está a provocar o coronavirus, e cremos que é necesario que o Concello sume esforzos co tecido produtivo e social de Viveiro co obxectivo de anticiparse e paliar, na medida do posíbel, os efectos do impacto que xa está a arrastrar a pandemia. Temos que protexer o tecido empresarial e á veciñanza con medidas que garantan o mantemento do sector produtivo e as economías familiares de Viveiro, para unha vez superada a crise sanitaria, as medidas que se adopten faciliten o relanzamento da economía municipal.

Propoñemos as seguintes medidas para facer fronte á crise sanitaria e socioecómica que está a provocar o COVID-19 en Viveiro:

 

  1. Habilitar e medicalizar o Albergue Xuvenil de Area, despois de que o presidente da Xunta expuxera a súa intención de medicalizar hoteis en caso de ser preciso, consideramos este albergue en titularidade da Xunta como opción viábel. A nosa proposta foi aceptada por todos os membros da corporación municipal de Viveiro e estamos á espera dunha resposta por parte da Xunta de Galiza.
     
  2. Paralización do pago daqueles impostos e servizos municipais que non se prestan debido á corentena, como son a Piscina Municipal, Gardería, Conservatorio e Servizos Sociais entre outros.
     
  3. Constante comunicación cos dous centros de maiores ubicados no termo municipal de Viveiro, a Residencia de Betania e a Residencia Domus VI, para estar en constante mellora das medidas de prevención e seguridade dxs usuarixs e traballadorxs.
     
  4. Creación dunha Comisión Técnica Pública-Privada (composta polos técnicxs responsábeis das áreas de Facenda, Intervención, Tesourería e Secretaría do concello, Portavoceirxs da corporación e Representantes dos sectores produtivos afectados) para plantexar, estudar e propoñer as medidas de orde económico, fiscal e social que se estimen precisas para afrontar as consecuencias da crise sanitaria e minimizar ao máximo os efectos negativos que sobre a economía local, as empresas, o comercio, autónomos, profesionais e o emprego se están a producir e se prevén.
     
  5. Ampliación de oficio do prazo voluntario de pago de impostos, como o IVTM e o IBI, así como axilizar o pagamento a proveedores e priorizar a tramitación de expedentes que conleven o cobro de axudas ou débedas pendentes de pago por parte do concello.
     
  6. Posta en marcha dunha Mesa de Coordinación Municipal dos ofrecementos de axuda do sector privado coas necesidades que ten o concello e a veciñanza máis afectada derivadas por esta crise.
     
  7. Servizo Telefónico de Atención Psicolóxica Municipal para dar o apoio ás persoas que nestes días tan difíciles e caóticos, están sós sen poder recibir as visitas de familiares e amigxs. Ao igual que é importante manter a saúde física nestes días de confinamento, tamén é importante coidar e manter a saúde mental en óptimas condicións.
     
  8. Concursos de ocio para contribuir á que a corentena nos fogares sexa máis levadeira, propoñendo a posta en marcha dun concurso de fotografia online “Viveiro desde a xanela” a través das redes, co obxecto de que xs viveirensxs saquen o mellor deles e da vista que perciben dende os seus fogares.
     
  9. Elaboración dun mapa web interactivo cos negocios e empresas de todo o concello que están abertos. Dado o actual cambio nos horarios dos estabelecementos abertos ou pechados, é preciso manter informada á veciñanza para así facilitar os desprazamentos aos comercios, podendo saber dende ás súas casas, que estabelecementos e negocios que ten máis perto da vivenda e os seus horarios.
     
  10. Habilitarlles temporalmente postos no Mercado Municipal ás praceiras e praceiros, que non poden realizar a súa actividade nos mercados semanais e darllle saída aos produtos de horta, tendo en conta que agora mesmo hai postos baleiros no Mercado Municipal.
     
  11. Promover unha plataforma web conxunta para os comercios, Mercado Municipal e productores locais desde o Concello, facilitando así a entrada na xestión da venda online aos comerciantxs e productorxs podendo habilitar un pequeno espazo para cada estabelecemento onde cada quen poderá xestionar a información que considere oportuno publicitar.
     
  12. Elaboración dun documento con información dos comercios e empresas abertas mentres non sexa efectiva a web conxunta, no que se estabeleza a relación de comercios abertos, as posibilidades de contacto de cada un (teléfono, WhatsApp, correo…), para facilitar a petición telefónica da compra e pasar polo local tan só a efecturar a recollida e o pago.
     
  13. Distribución un pequeno manual de utilización das máscaras, dado o actual descoñecemento ou mal uso que estamos a constatar, faise necesaria a actuación do Concello como ente de retransmisión de coñecemento, distribuíndo un pequeno manual de utilización das máscaras, podendo ser en formato papel, a través dos negocios que están abertos, centro de saúde, etc. Como tamén por redes sociais.
     
  14. Prevención de contaxios nos caixeiros automáticos, contactamos con cada unha das entidades bancarias de Viveiro para que adopten maiores medidas de protección e previr a propagación do virus nos caixeiros automáticos do municipio, coa instalación de por exemplo, dispensadores de xel antibacterial, luvas, papel, ou calquera outro elemento de protección recomendado polas autoridades sanitarias.
     
  15. Manter o importe das axudas económicas que ían destinarse á celebración de eventos e festas que non van poder materializarse, para elaborar con ese orzamento resultante unha bolsa de remanente que permita sufragar axudas para autónomos e autónomas que non están tendo ingresos.
     
  16. Compromiso coa Deputación coa que se manteñen diferentes convenios económicos para acelebración de eventos, sendo preciso reorientear a finalidade dos mesmos mantendo os importes para termos así unha fonte de ingreso máis. A destacar o Plan Único asinado a principios de mes, permitindo destinar unha porcentaxe do total dos 500.000€ destinados ao Concello de Viveiro, para subsanar aquelas situacións derivadas da actual crise sanitaria.
     
  17. Ofrecer por parte dos técnicos de emprego do Concello asesoramento as autónomas e autónomos en canto á solicitude de axudas e trámites burocráticos, así como a difusión entre este sector das axudas das distintas administracións para evitar posíbeis perdas de solicitudes.
     
  18. Propoñemos ao director da FCAM promover unha gran campaña a nivel comarcal para redescubrir a Mariña por parte da veciñanza, potenciar o turismo de cercanía e sostíbel, fomentando as potencialidades de cada concello xa que dada a situación actual, pasará tempo até poder recibir turistas doutras localizacións.
     
  19. Protexer ás persoas que precisan de paseos terapéuticos, solicitamos ao equipo de goberno que dispoña que os servizos policiais interveñan e garantan estes paseos sen incidentes, xa que durante o estado de alarma estes deben asegurar o acceso a esa utilización xustificada e excepcional da vía pública.
     
  20. Axiliar a gravación dos plenos, Viveiro está sen sesións plenarias desde que se decretou o estado de alarma e sin elas non podemos aprobar nin sacar para adiante solucións de grande envergadura para afrontar esta crise para Viveiro. Hai que poñer a andar o sistema das gravacións, pois por un lado, xs veciñxs pódenas seguir igualmente na web sen acudir de forma presencial e polo tanto sen risco, e por outra banda, sería un paso importante de cara a realizalar as sesións plenarias por videoconferencia, polo menos até que remate o estado de alarma.
     
  21. Aprobar o Plan de Pagos Personalizados, este Plan Tributario é un instrumento legal que daría a máxima facilidade posíbel á veciñanza para pagar as obrigas tributarias da facenda local, podendo decidir cada veciñx ou empresa os prazos e as cantidades que mellor se axustasen ás súas necesidades.
Propostas do BNG para paliar a crise do coronavirus
comentarios