Propostas do BNG ante a situación actual de emerxencia

-
Dado o actual cambio nos horarios dos estabelecementos abertos ou pechados, é preciso manter informada á veciñanza para así facilitar os desprazamentos aos comercios. Para isto, propoñemos ao Goberno Local que elabore un mapa interactivo de todos os negocios e empresas de todo o concello que están abertos e difundir a través das redes e prensa, para que a veciñanza poda saber sen saír da casa cales son os estabelecementos e negocios que ten máis perto da vivenda e os seus horarios.
-
Para paliar a actual situación das praceiras e praceiros que non poden realizar a súa actividade nos mercados semanais e darllle saída aos produtos de horta, instamos ao Concello a habilitarlles temporalmente postos no Mercado Municipal tendo en conta que agora mesmo hainos baleiros, para que as interesadas poidan vender desde alí os seus produtos, organizándose elxs os tempos e días.
-
Promover dende o concello unha plataforma web conxunta para os comercios, Mercado Municipal e productores locais do noso concello, facilitando así a entrada na xestión da venda online aos comerciantxs e productorxs do concello., podendo habilitar un pequeno espazo para cada estabelecemento onde cada quen poderá xestionar a infromación que considere oportuno publicitar. Mentras que esta non sexa efectiva, vemos necesaria a elaboración dun documento no que se estabeleza a relación de comercios abertos, as posibilidades de contacto de cada un (teléfono, WhatsApp, correo…), para facilitar a petición telefónica da compra e pasar polo local tan só a efecturar a recollida e o pago. Este documento serviría para facilitar esta información á veciñanza, procedendo á súa difusión por parte dos medios dos que dispón o Concello.
-
Dado o actual descoñecemento ou mal uso que estamos a constatar con relación ás máscaras faise necesaria a actuación do Concello como ente de retransmisión de coñecemento, distribuíndo un pequeno manual de utilización das máscaras, podendo ser en formato papel, a través dos negocios que están abertos, centro de saúde, etc. Como tamén en formato vídeo para as redes sociais. Vólvese pois unha necesidade imperiosa manter informada á veciñanza da importancia de facer un bo uso das mesmas, polo que dende o BNG instamos ao concello a poñer en marcha este tipo de campañas de información.