A presión do BNG e as Festas de Celeiro, conseguen que apareza o mantemento de estradas en Celeiro

22 xul. 2022 - 09:14
Cando Míriam Bermúdez exixeu en pleno o adecentamento da rúa Grande de Celeiro, Xesús Fdez Cal defineu como “complicadísimo” o arranxo desta rúa, tirando balóns fóra e culpando do seu mal estado a unhas obras que se realizaron hai máis de 3 anos asegurando que levaba anos detrás da empresa para que viñese arranxala. Preguntámonos que fai o Goberno Loureiro cos depósitos das garantías de obras que xeran problemas ao pouco tempo de terse feitas...
Que casualidade que xusto agora e a dous días das Festas de Celeiro, puidera solucionar este "complicadísimo" feito convertíndoo nalgo "facilísimo".
Como xa dixo Míriam Bermúdez no seu día: "as festas parroquiais marcan o único mantemento de estradas programado de Viveiro".