Olalla Rodil defende en Viveiro vilas e cidades pensadas para as persoas

Olalla Rodil defende en Viveiro vilas e cidades pensadas para as persoas

A cabeza de lista do BNG ao Parlamento Galego por Lugo, Olalla Rodil, e a concelleira nacionalista Míriam Bermúdez, visibilizaron en Viveiro a aposta do Bloque por vilas e cidades pensadas para as persoas e respetuosas co medio e co patrimonio. Acompañadas polo numero 2 da candidatura á cámara galega, Dani Castro, e por representantes do BNG viveirense, percorreron algunhas rúas da vila en bicicleta, un medio de transporte que permite reducir a presenza de vehículos nos centros urbanos. 

O BNG de Viveiro presentará no vindeiro pleno municipal unha moción contrastada con asociacións e colectivos na que solicita ao goberno local a creación de ciclorúas nas que as bicicletas teñan preferencia e poidan circular polo medio do carril. A proposta "para un Viveiro ciclábel" inclúe tamén a instalación de aparcabicicletas en espazos públicos e a sinalización de zonas avanzadas de espera nos semáforos.IMG_9289

Olalla Rodil argumentou que "este tipo de iniciativas dirixidas para avanzar cara a vilas e cidades máis humanas, con espazos públicos pensados para as persoas son políticas que levan a marca do BNG. "Este debate está agora máis presente ca nunca pero o BNG leva anos apostando nestes modelos nas cidades e vilas nas que goberna coma Pontevedra,  Allariz, Carballo ou Lugo".

Olalla Rodil expuxo que a mobilidade sostíbel é un dos eixos da Axenda Urbana Galega 2020-2030 incluída no programa electoral do BNG, a cal recolle unha batería de medidas orientadas á creación de vilas e cidades amábeis, inclusivas e compactas, con equipamentos e servizos de proximidade e un pequeno comercio dinámico.

 

Olalla Rodil defende en Viveiro vilas e cidades pensadas para as persoas
comentarios