Míriam Bermúdez plantexa crear unha rotonda na zona dos institutos, por comodidade e evitar riscos

Míriam Bermúdez plantexa crear unha rotonda na zona dos institutos, por comodidade e evitar riscos

Míriam Bermúdez, a concelleira do BNG, incide en que a día de hoxe para poder facer un cambio de sentido na zona do Pavillón Municipal cóntase con dúas posiblidades:

  1. Dar toda a volta polo paseo marítimo.
     
  2. Atravesar o aparcamento do pavillón, esquivando outros vehículos e sin un paso e accesos claros.


En calquera das dúas opcións obrígase a pasar por dous pasos de peóns, zona transitada maiormente por escolares que ademais sofren en horas punta unha gran circulación de vehículos particulares, parece pois, pouco axeitado obrigar e concentrar o tráfico nestas zonas tan delicadas.

No inicio desta zona existe unha isleta triangular cunhas dimensións que permitirían habilitar unha rotonda que facilitase o cambio de sentido, polo que desde o BNG solicitaremos comezar cos trámites necesarios para a instalación dunha rotonda nesta zona tan necesaria.

Míriam Bermúdez plantexa crear unha rotonda na zona dos institutos, por comodidade e evitar riscos
comentarios