Míriam Bermúdez pregunta polo estado do Plan de autoprotección das instalacións municipais

Míriam Bermúdez pregunta polo estado do Plan de autoprotección das instalacións municipais

O Real Decreto 393/2007, de 23 de marzo, polo que se aproba a Norma Básica de Autoprotección dos centros, establecementos e dependencias adicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia, establece a obriga de elaborar, implantar materialmente e manter operativos os Plans de Autoprotección.

Míriam Bermúdez especifica que "desde o BNG gustaríanos saber que dependencias municipais contan cun Plan de Autoprotección para previr e controlar os riscos e así saber como responder ante posibles situacións de emerxencia".

Sen máis e seguindo este real decreto, solicitamos o seguinte no vindeiro pleno:
 

  1. Coñecer que centros, establecementos, espazos, instalacións e dependencias de titularidade municipal dos que están en activo e xestionados polo Concello, contan coa obriga de contar cun Plan de Autoprotección (edificio consistorial, piscina, teatro, claustros de San Francisco, pavillón de deportes, etc).

 
  1. Están os Plans de Autoprotección dos centros e instalacións que están obrigados a contar con el, revisados e actualizados? Faise un seguimento periódico e realízanse simulacros de evacuación?

 
  1. Daqueles centros e instalacións sobre os que non existe obriga, plantexouse nalgún momento por parte do concello a elaboración e implantación de plans de autoprotección para actividades que presentaran especial risco ou vulnerabilidade?

Míriam Bermúdez pregunta polo estado do Plan de autoprotección das instalacións municipais