Míriam Bermúdez defendeu no pleno as demandas que o sector hostaleiro lle transladou na reunión telemática

Míriam Bermúdez defendeu no pleno as demandas que o sector hostaleiro lle transladou na reunión telemática

A concelleira do BNG alégrase de que na sesión plenaria do día 2 de decembro, o Goberno Municipal recollese parte das demandas da Hostalaría de Viveiro que lle expuxo o sector á concelleira nacionalista Míriam Bermúdez o pasado 14 de novembro na videoconferencia “Hostalaría, presente e futuro”, tales como a de suspender as taxas de terrazas e licenzas de apertura e funcionamento.

Míriam Bermúdez incidiu no pleno municipal en que “estas medidas para o sector hostaleiro de Viveiro son necesarias, pero tamén para os que están nunha situación semellante como xs comerciantes, mais cremos que o equipo de goberno pode facer máis polo que desde o BNG propoñémoslle ao Goberno Local estudar e valorar as seguintes propostas que foron trasladas na mencionada reunión polo sector hostaleiro de Viveiro”:

  • Bonificación dun 50% na recollida do lixo para 2021.
     

  • Rebaixa do IBI nos alugueiros de locais comerciais.
     

  • Que as futuras liñas de axuda dirixidas aos sectores afectados pola crise da Covid19 sexan negociadas co tecido económico e empresarial de Viveiro, para que a futura convocatoria de axudas directas atenda á realidade das súas necesidades e non deixe atrás a ninguén, como así sucedeu co actual fracasado Plan municipal de reactivación económica local.
     

  • Crear un Plan de Pagos Personalizado Municipal, no que se podería estabelecer unha bonificación na cota íntegra dos impostos municipais no que se poderían adherir de xeito voluntario as veciñas e veciños que o desexaran, aplicándoselles unha reducción do 3% sobre a cota tributaria. Un plan de pagos individualizado que lles facilitaría ás familias e empresas o pago dos seus impostos atendendo á súa economía e liquidez, podendo elexir o pago mensual, bimestral, trimestral ou semestral dos seus tributos municipais. Medida xa proposta polo BNG en novembro do 2019 pero que aínda hoxe se nega María Loureiro a poñer en marcha.

 

Míriam Bermúdez rematou na sesión plenaria instando a María Loureiro a “dar resposta ás iniciativas que dende o BNG se lle acababan de trasladar e non dar a resposta por calada como en todas as anteriores ocasións.” Finalmente, a alcaldesa non contestou no pleno como tampouco nos días posteriores ao mesmo, polo que ignorou directamente as propostas do sector hostaleiro de Viveiro e do BNG.

Míriam Bermúdez defendeu no pleno as demandas que o sector hostaleiro lle transladou na reunión telemática
comentarios