Míriam Bermúdez: “chama a atención o interés do PSOE en pactar con Por Viveiro, como si se debesen favores”

Míriam Bermúdez: “chama a atención o interés do PSOE en pactar con Por Viveiro, como si se debesen favores”

A veciñanza de Viveiro que asistiu ao pleno de maio, non puido evitar rirse ao confirmar o tenente da alcadesa, Suso Fernández, que estaban últimando os detalles doutro orzamento máis pactado con Por Viveiro.

Isto veu a raíz de que Míriam Bermúdez, concelleira do BNG, preguntase polos orzamentos deste ano 2022 incidindo en ton irónico que “estamos en maio sen orzamentos, iso é a mostra dun goberno que planifica, organiza e ten as contas ao día”, e voltou a mostrar “a vontade do BNG, sempre coa man tendida a negociar uns orzamentos xustos e sociais para Viveiro”, aínda sabendo que os orzamentos do cogoberno serán pechados e a oposición saberá deles por prensa sen poder propoñer modificacións ou engádegas. 

Míriam Bermúdez incide en que “chama a atención o interés do PSOE de Viveiro en pactar os orzamentos única e exclusivamente con Por Viveiro, como si se debesen favores. Todos os últimos orzamentos do cogoberno, PSOE e Por Viveiro, foron un fracaso, tanto é así, que nin en dúas convocatorias orzamentarias foron capaces de entregar a cifra de 400.000€ que tanto anunciaron, sendo apenas 261 as persoas beneficiadas con eles, dando a sensación de que foron feitos adrede, complicando os requisitos mínimos para que sobren os cartos e gastalos noutras finalidades, facendo un claro uso electoralista destes Plans de Reactivación Económica con María Loureiro e Bernardo Fraga.

Por último, Míriam Bermúdez recordou no pleno as alternativas propostas polo BNG que foron obviadas polo goberno para os orzamentos, como a bonificación dun 50% na recollida do lixo para 2021, rebaixa do IBI nos alugueiros de locais comerciais, a posibilidade de que a veciñanza se beneficiase dun plan de pagos personalizado, e así como impulsar a modalidade de bonos para a veciñanza destinando as axudas á xente para que se repartise o diñeiro por todo o tecido económico xa sexa consumidor, vendedor, produtor ou distribuidor.

Míriam Bermúdez: “chama a atención o interés do PSOE en pactar con Por Viveiro, como si se debesen favores”
comentarios