Desbordante acto do BNG, Míriam Bermúdez asegura ir a por todas!

“Alucinante o apoio recibido, ver como a xente non collía augura uns resultados aplastantes” aseguraba Míriam Bermúdez tras finalizar o acto de presentación organizado polo BNG de Viveiro, quenes aseguran que sacarán adiante o proxecto para modernizar o concello sabendo que sairán elixidos o vindeiro 28M.
O acto contou coa presenza do deputado mariñán, Daniel Castro, quen amosou o compromiso do BNG por unha sanidade pública, pola necesidade dun plan industrial e de comunicar Viveiro co resto do País. Loitas que defendeu no Parlamento Galego, lugar onde o BNG é a segunda forza e subindo de cara a ter a presidencia da Xunta nas vindeiras eleccións galegas.
“Estaba o acto a rebosar de xente, un claro indicador de que se fixeron as cousas ben e de que o noso proxecto encaixa. É o que necesita Viveiro", palabras da nosa alcaldable, Míriam Bermúdez.
Míriam Bermúdez presentou un proxecto firme no que ademais da constancia e traballo, destacou iniciativas e proxectos claros para Viveiro con propostas para as parroquias como: mellorar a rede de saneamento, achegar fibra de alta velocidade, dinamizar as antigas escolas, poñer en marcha un Plan de Estradas, sacar adiante un PXOM ben planificado e crear unha Liña de Transporte Público, entre outras.
Míriam tamén salientou a necesidade de humanizar o concello creando espazos para as persoas como peonalizar a Praza de Lugo, retirar o enreixado de Lodeiro a Celeiro habilitando aparcamentos e unha nova zona verde, redactar o 1º Plan de Accesibilidade para Viveiro, introducir os cascos nas zonas REXURBE, mellorar as instalacións infantís ou transformar o Casino nun centro de ocio para a mocidade.
CANDIDATURA:
-
Míriam Bermúdez García, 35 anos, veciña de Verxeles, en Xunqueira. Diplomada en Maxisterio na actualidade exerce como directora do CEIP de Celeiro. Traballadora incansábel e sempre disposta a axudar.
-
Iria Cotelo Cociña, 41 anos, de Celeiro aínda que na actualidade reside en Viveiro. Traballadora de Aspanane e técnico en Coidados auxiliares de enfermería. Actual responsábel local do BNG e delegada pola CIG.
-
Ramón Martínez Castro, 47 anos, na actualidade reside en Covas aínda que a maior parte da súa vida pasouna sendo veciño de Galdo. Técnico en infraestructuras de alta tensión e redes de transporte de enerxía eléctrica, exerce a súa profesión como traballador de Red Eléctrica.
-
Seve Salgueiro Rodríguez, 35 anos, veciño da Pontelabrada, en Viveiro. Enxeñeiro de camiños traballa como autónomo no ensino. Afeccionado ao deporte e gran defensor da conservación da natureza.
-
Santi López Chao, 51 anos, veciño das Pallaregas, en Covas. Capataz Forestal retirado exerce como responsábel de organizacion do BNG de Viveiro. Deportista trasplantado e membro directivo de varias asociacions deportivas.
-
Luís Ramallal Rego, 60 anos, veciño do Paraíso. É mestre no CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo e licenciado en Xeografía e Historia e mais en Psicopedagoxía.
-
María Carballal Febreiro, 22 anos, veciña das Pallaregas, en Covas. É licenciada en Lingua e Literatura galegas, actual estudante do mestrado de Profesorado e responsábel comarcal de Galiza Nova.
-
Carmen Mariño Caneiro, 25 anos, nacida en Valcarría aínda que actualmente é veciña de Magazos. Asesora laboral, é gran coñecedora do mundo rural e a gandeiría en especial.
-
María Simón Cundíns, 23 anos, veciña da Misericordia. Educadora Social, estudante de Mediación Comunicativa e gran afeccionada á fotografía.
-
Alejandro Ferro Balseiro, 42 anos, veciño de Covas. Técnico especialista en delineación industrial, apaixonado do motociclismo, traballa en Alcoa onde forma parte do comité de empresa polo sindicado da CIG.
-
Borja Eijo García, 49 anos, veciño de Covas. Técnico Especialista en Delineación Industrial e Técnico Superior en Navegación, Pesca e Transporte Marítimo. Coñecedor e amante do mar, onde exerce a súa profesión.
-
Claudia Rivera Vázquez, 21 anos, veciña de Galdo. É estudante de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, militante de Galiza Nova e unha gran comprometida pola igualdade e dereitos.
-
Xan Fernández Fernández, 57 anos, veciño de Covas. Profesor de Xeografía e Historia, apaixonado da fotografía e da arte.
-
Tania Monteagudo Bermúdez, 23 anos, veciña de Viveiro. É educadora físico deportiva e estuda Máster en envellecemento saudable e calidade de vida.
-
Mitas Goás Basanta, 66 anos, de Celeiro. Diplomado en Traballo Social actualmente xubilado da Consellería do Mar.
-
Iliana Fraga Sánchez, 30 anos, veciña de Viveiro. Técnico en Coidados auxiliares de enfermería e Técnico de emerxencias sanitarias, traballa do Sergas.
-
Xulia Canoura Diaz, 66 anos, veciña de Covas. Licenciada en Pedagoxía e mestra xubilada. Activista política e cultural incalsábel no nacionalismo desde mediados dos anos 70.
-
Iván Pena Muras, 33 anos, medrou en Covas mais na actualidade é veciño de Viveiro. Soldador de profesión compatibiliza o seu traballo en Alcoa co cargo de responsábel de comunicación no BNG e as súas diferentes afeccións vinculadas ao deporte e a natureza.
-
Gloria Rouco Llanderrozas, 56 anos, veciña de San Andrés de Boimente. Licenciada en Ciencias Económicas Empresarais é empregada da administración pública. Coñecedora e loitadora das necesidades do rural.
-
María do Mar Chaves Álvarez, 55 anos, nacida e residente en Covas. Auxiliar Administrativa do SERGAS, dende fai varios anos apartada do mundo laboral para exercer de coidadora de familiares dependentes.








