Míriam aposta por un concello "libre de fochancas" que impulsará cun Plan de Mantemento de Estradas

Míriam aposta por un concello "libre de fochancas" que impulsará cun Plan de Mantemento de Estradas

A alcaldable do BNG, Míriam Bermúdez, ve como un pilar esencial para o concello as conexións por estrada. "É curioso ver como algunhas estradas que non se podian manter en 4 anos, si se poden amañar para as eleccións municipais".

Míriam Bermúdez desprazouse até Escourido onde asegura que “é palpable o excaso mantemento das estradas municipais; cheas de fochancas, sen desbrozar e sen unha soa actuación de mellora como ampliación das súas marxes, eliminación de curvas perigosas, etc.” E insiste en que "Viveiro merece unhas estradas ao día, con planificación e traballos axendados de mantemento, conservación e mellora das mesmas que se guíen por un riguroso Plan de Mantemento de Estradas Municipais. Todo o demais sería improvisar, e xa sufrimos os resultados."

O BNG ten claro que se debe conformar unha rede viaria municipal máis cómoda e segura, especiamente para o rural, onde hai que potenciar a conexión entre os núcleos urbanos e rurais, mellorando a accesibilidade das zonas máis alonxadas.

Míriam aposta por un concello "libre de fochancas" que impulsará cun Plan de Mantemento de Estradas