Míriam Bermúdez anuncia melloras na recollida do lixo e limpeza viaria

A tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, solicita a colaboración da veciñanza para que depositen o lixo á ultima hora da tarde coas bolsas ben pechadas, que non se depositen residuos fora dos contedores e que estes permanezan pechados: “O servizo está traballando para substituír os contendores por outros limpos e baldeando as ubicacións. En pleno agosto, o aumento siginificativo da poboación debido á gran afluencia turística e aos actos festivos destas datas, xeran un aumento importante do volume de lixo, que xunto coas altas temperaturas provoca que servizo de recollida de lixo e limpeza viaria aumente o número de avisos e incidencias pese aos reforzos estivais”.
Míriam anuncia melloras no servizo
“Poñemos á disposición de veciñanza un teléfono de atención á cidadanía do servizo de recollida do lixo e limpeza de rúas, o mesmo que para solicitar a recollida de enseres, o 697 162 637 que atende chamadas e Whatsapp. En breve anunciaremos tamén unha nova app de incidencias e unha oficina de atención ao cidadán. Dende esta concellería estamos traballando para a posta en marcha de novas melloras tanto na recollida de lixo, o punto limpo e novas campañas de concienciación para un servizo máis eficiente e moderno, adaptado a unha cidade como Viveiro”.