Mira como cando se quere... si se pode

Mira como cando se quere... si se pode

As posibilidades que ten Viveiro son infindas e non limitadas como nos queren facer crer. Porque costa tanto aplicar os acordos plenarios propostos polo BNG? Porque costa tanto dicir SI a traballos mínimos e necesarios? Cantos folgos se gastan en escribir 2, 3 e até 4 notas de prensa ao día e non se gasta esa enerxía en:

  • Ordenanzas necesarias como a de Tenza de animais e Protección Acústica.
     
  • Abrir aseos ao público como os do templete da música e outros novos.
     
  • Xestionar con rigor unha residencia para Aspanane.
     
  • Reabrir o matadoiro, pechado pola desidia, para non deixar caer o traballo e vida do rural.
     
  • Acondicionar correctamente as estradas municipais cun Plan de mantementos estruturados e programados.
     
  • Correxir a forma de dar subvencións a asociacións para que as ingresen en tempo e con claridade nas bases.
     
  • Subsanar o trato desigual da veciñanza, como a de Campo de Verdes e Misericordia, que pagan impostos para logo nin contar cos servizos públicos mínimos e básicos.


Canto máis vai seguir isto así?

Mira como cando se quere... si se pode