Evidénciase o nulo mantemento das estradas de Boimente cun boquete que leva meses sen amañar

Na estrada que existe no lugar denomiando “Rego de Piñeiro” na parroquia de Boimente, existe un afundimento da estrada polo que parece un defecto da canalización do río. Este afundimento, sitúase ademais nunha zona de curva e co paso do tempo adumenta o seu tamaño.
Tendo en conta a gravidade do aseunto e que leva meses sen resolver, solicitamos información sobre as actuacións que se poidan estar desenvolvendo para a súa reparación, así como ter acceso á documentación que poida existir ao respecto.
A concelleira do BNG lamenta unha vez máis verse na obriga de denunciar esta falta de organización e planificación no mantemento de estradas municipais por parte do Goberno de María Loureiro. Para Míriam Bermúdez non cabe dúbida de que Viveiro necesita políticas municipais en infraestruturas viarias que se apoien nun Plan de mantemento con obxectivos fixados a curto, medio e longo prazo.