Jesús Fdez Cal, irrespectuoso con Míriam Bermúdez, describe como “complicadísimo” amañar as fochancas de Celeiro

Jesús Fdez Cal, irrespectuoso con Míriam Bermúdez, describe como “complicadísimo” amañar as fochancas de Celeiro

Míriam Bermúdez, concelleira do BNG de Viveiro, esixiu en pleno o adecentamento da rúa Grande de Celeiro, chea de fochancas e desperfectos especialmente desde o número 93 até a igrexa e preguntou ao actual goberno para cando tiñan pensado realizar as obras mínimas de mantemento nesta estrada municipal, que xa van con retraso. Tamén incidiu Míriam Bermúdez en que informasen acerca do estado actual dos trámites para a rehabilitación da zona dos Espiñeiros, que xa estaba en proceso cando preguntáramos en outubro de 2019, e cando tiñan previsto comezar a execución das obras.

Tras a intervención de Míriam Bermúdez coas preguntas, o concelleiro de obras Jesús Fernández Cal dispúxose a ler un escrito informando de certas actuacións, algunhas de hai varios anos, con información incompleta e sen aportar o máis relevante como as datas para a execución das obras ou os pasos restantes que quedarían para, por fin, amañar estas estradas.

Ante tan pouca concreción, Míriam Bermúdez voltou preguntar ao concelleiro de obras se na rúa Grande ían agardar ou amañar no inmediato as fochancas, e na zona dos Espiñeiros, que é o que procede para realizar un asfaltado en condicións. Jesús Fdez Cal para contestar a estas simples preguntas as que ten deber como cargo público que sostenta, non dubidou en sumarse ás actuacións anteriores de María Loureiro e faltar ao respecto a Míriam Bermúdez, chamandolle “lista” en ton despectivo e poñendo en boca dela palabras que non dixo, alporizándose, xesticulando cos brazos e outras actitudes ameazantes.

Todo un espectáculo para o final definir como “complicadísimo” arranxar as fochandas na rúa Grande e tirar balóns fóra, botando a culpa a unhas obras que se realizaron hai máis de 3 anos e incluso a decisións dos técnicos, pois como sempre neste Concello, as cousas que saen adiante son grazas ao Goberno Municipal e cando se atrasan ou se torcen é culpa dos empregados municipais e/ou outras administracións.

Para Míriam Bermúdez “estas faltas de respecto son inadmisibles e non se poden utilizar para evitar responder e proporcionar a información que solicita a veciñanza, menos aínda cando se ocupa un cargo público.” Desde o BNG denunciamos as continuas faltas de respecto, cunha alcaldesa que tamén participa e suma actitudes irrespectuosas nunha sesión plenaria na que se dedicou a quitar, constantemente, quendas de palabra en momentos de réplica ás que tiña dereito a concelleira do BNG, Míriam Bermúdez.

Vídeo do pleno:
 

Jesús Fdez Cal, irrespectuoso con Míriam Bermúdez, describe como “complicadísimo” amañar as fochancas de Celeiro
comentarios