Iniciativas do BNG de Viveiro para o pleno de novembro

06 nov. 2022 - 19:26
Estas son as iniciativas do BNG de Viveiro que presentará a nosa concelleira, Míriam Bermúdez, neste pleno do 8 de novembro:
- A alcaldesa terá que dar conta do despido nulo que ela mesmo provocou e que remata de tumbar o Tribunal Superior de Xustiza. Outro xuizo máis provocado alcaldía que leva consigo uns gastos moi elevados que son costeados con cartos públicos municipais.
- Solicitamos solventar os problemas de calidade nas gravacións plenarias e poñemos como exemplo o Concello de Muras, gobernado polo BNG, onde si é posíbel seguir calquer pleno da corporación municipal cunha imaxe e son óptimas.
- A veciñanza da Misericordia intervirá para exixir un acceso digno para poder dispór de servizos básicos como ambulancia, bombeiros, a simple recollida de lixo de forma funcional, e mesmo, garantir a seguridade das persoas que por alí transitan.
-
Pallaregas continúa sen o arranxo da súa estrada principal tras as promesas de María Loureiro que ela mesma lle transmiteu á veciñanza en persoa, preguntamos onde van eses cartos que xa estaban destinados para esta obra.
comentarios