Iniciativas do BNG de Viverio para o pleno de xuño

Dende o BNG de Viveiro e a través da nosa concelleira Míriam Bermúdez, levamos as seguintes iniciativas para este pleno do 14 de xuño:
-
Exiximos solucións para a veciñanza de Campo de Verdes quenes sofren a ausencia servizos básicos pola estreitez do paso que vai cara as súas vivendas; nin camións de bombeiros, nin ambulancias medicalizadas nin tampouco o camión de recollida de lixo habitual son capaces de circular por esta estrada.
-
Vieiro demanda o desbroce e reposición de aglomerado nas súas estradas en xeral, pero en particular destacan o estado da estrada coñecida como Chousa Vella, no lugar do Outeiro, con centos de fochancas onde xa se está a levantar até as pedras que serven de base para o asfalto.
-
Perto dun ano fai que se aprobou a moción do BNG para a construcción dun skatepark en Viveiro, mais nunca recibimos ningunha noticia nin somos coñecedores de ningún trámite sobre o asunto. Preguntaremos como van os trámites que darán comezo as obras.