Iniciativas do BNG de Viverio para o pleno de xullo

Iniciativas do BNG de Viverio para o pleno de xullo

A través da nosa concelleira Míriam Bermúdez, levamos as seguintes iniciativas neste pleno do 7 de xullo:

 

  • Solicitamos información sobre os avances que se teñan feito para a xestión dos solares privados como aparcadoiros en Covas, e que se remita á AXI a necesidade de acometer as obras de pintado de aparcamentos en espiga, 45º, tal e como se recolleu no acordo da moción do BNG aprobada en sesión plenaria.
     
  • Un ano máis tarde, non foi emitida respota algundo por parte da alcaldía nin nada se ten feito para habilitar zonas para cans en Viveiro, polo que rogamos que se dea cumprimento na maior brevidade e se informe das xestións que poidan ter desenvoltas para a súa consecución.
     
  • Tendo en conta que o matadoiro municipal leva un ano pechado, rogamos que: se informe das actuacións de control, conservación e inversións feitas nos últimos anos no Matadoiro, se dea conta dos avances feitos nos pregos de contratación e data prevista da mesa de contratación e se informe nesta sesión plenaria das intencións da alcaldía con respecto da reapertura do matadoiro.
     
  • No que respecta ao contrato da auga de Concello de Viveiro con Viaqua, solicitamos saber que obras de mellora foron executadas en base á addenda do 10 de abril de 2008 e quen as executou; que control fai o goberno sobre as incidencias e reclamacións feitas pola veciñanza; e os importes recaudados polas facturas de Viaqua, un traballo de seguimento e fiscalización que debe realizar o Concello.
Iniciativas do BNG de Viverio para o pleno de xullo