Iniciativas do BNG de Viverio para o pleno de maio

03 maio 2022 - 09:13
Dende o BNG de Viveiro e a través da nosa concelleira Míriam Bermúdez, levamos as seguintes iniciativas para o pleno deste 3 de maio:
Moción
- Propoñemos a habilitación e reapertura de aseos públicos, como os situados no Templete da música en pleno centro de Viveiro, cooperar coa Comunidade de Montes de San Roque para a apertura dos baños existentes nas inmediacións do monte, e incluír nos orzamentos a contratación do reforzo de aseos sanitarios durante a celebración de eventos multitudinarios.
Rogos e preguntas
- Demandamos unha renovación completa do parque de Portochao con xogos infantís, mesas e cartelería da zona que son un auténtico perigo polo seu mal estado.
-
Rogamos novamente ao equipo de goberno, que decida darlle prioridade as ordenanzas de "contaminación acústica", de "tenza de mascotas" e de "uso das praias" para poñelas en vigor canto antes para así mellorar, na medida do posíbel, a calidade de vida da nosa veciñanza.
-
Suxerimos ao goberno de María Loureiro escoitar á veciñanza de Magazos, molesta polo nulo mantemento e mal estado no que se atopan as estradas que van cara as súas vivendas.
comentarios