Iniciativas do BNG de Viverio para o pleno de agosto

02 ago. 2022 - 20:24
Estas son as iniciativas do BNG de Viveiro que presentará a nosa concelleira Míriam Bermúdez no pleno de hoxe 2 de agosto:
- Demandamos a apertura de aseos públicos, con dúas mocións do BNG aprobadas e coas rúas de Viveiro nun estado insalubre e sucio que parecen non ser suficiente para que o goberno de Loureiro actúe.
- O mantemento de estradas segue ausente no concello, en especial nas parroquias como Boimente onde un socavón leva meses sen arranxarse.
- Pontelabrada xa é unha contorna sumamente deteriorada e desatendida ao longo dos anos, demandamos traballos básicos de limpeza e mantemento.
comentarios