Iniciativas do BNG de Viveiro para o pleno de xaneiro

10 xan. 2023 - 15:05
Estas son as iniciativas do BNG de Viveiro que presentará a nosa concelleira, Míriam Bermúdez, neste pleno do 10 de xaneiro:
- Preguntamos ao goberno de María Loureiro por qué o servizo municipal de recollida de enseres e voluminosos pasou de ser semanal a esperar mes e medio, e ademais, con límite de bultos por cada solicitude.
- Veciñanza da Misericordia leva dous meses agardando pola prometida reunión coa alcaldía, quenes continúan alargando no tempo unha solución para esta zona.
- No Contalli Ti realizado en Xunqueira a veciñanza reclamou melloras na zona de Verxeles, a moción do BNG aprobada no pleno hai máis de 2 anos continúa sen tan sequera redactarse.
comentarios