Iniciativas do BNG de Viveiro para o pleno de marzo

07 mar. 2023 - 21:12
Estas son as iniciativas do BNG e que presentará a nosa concelleira, Míriam Bermúdez, neste pleno do 7 de marzo:
- Propoñemos un Bus Urbano para Viveiro en ruta circular constante, sen preocuparte de horarios nin de coller e aparcar o coche, algo moi cómodo e útil que tamén reduciría atascos, aliviaría a falta de aparcamento e tamén a economía das veciñas.
- Exiximos actuar cos vehículos abandonados na vía pública que supoñen a perda de estacionamentos, mala imaxe e algún xa presentan un perigo polo seu mal estado.
- Plantexamos a creación dunha rotonda na zona do pavillón municipal e institutos, por comodidade e seguridade pois a volta actual obriga a pasar por dous pasos de peóns nunha zona altamente transitada por escolares.
- Solicitamos información do conflicto entre os traballadores do lixo e a concesionaria FCC, onde en apenas 6 meses desde esta nova adxudicataria xa hai convocada unha folga reclamando un dereito básico como que se actualice o seu convenio laboral.
comentarios