Iniciativas do BNG de Viveiro para o pleno de decembro

12 dec. 2022 - 19:38
Estas son as iniciativas do BNG de Viveiro que presentará a nosa concelleira, Míriam Bermúdez, neste pleno do 13 de decembro:
- Moción para a mellora das paradas de autobuses con postes informativos e para a instalación de marquesiñas priorizando as de uso escolar.
- Incidimos na necesidade de aprobar a Ordenanza de Protección Acústica, 4 anos despois de aprobarse a moción do BNG e máis dun ano sen convocar unha soa comisión para acordar o texto.
- As edificacións que máis molestias están a causar en Covas, seguen aí sen que se tomen medidas, solicitamos informes e os motivos polos cales o Concello non actúa.
- Solicitamos información sobre o estado dos Plan de Autoprotección das edificacións municipais e se están ao día.