Iniciativas do BNG para o pleno de marzo

15 mar. 2022 - 20:44
Dende o BNG de Viveiro propoñemos as seguintes iniciativas para este vindeiro pleno do 16 de marzo:
Mocións
- Moción demandando os compromisos pendentes pola igualdade e dereitos das mulleres instando ao cumprimento por parte das administracións dalgunhas moi urxentes.
Rogos e preguntas
- Exiximos atención para a veciñanza da Misericordia e que o Goberno de Municipal axilice os trámites para levar adiante unha solución digna e que podan desfrutar de servizos esenciais e básicos.
- Despois de anos presionando apra conseguir un proxecto de recuperación para o parque Pernas Peón, rogamos de novo transparencia ao goberno de María Loureiro e se nos de acceso á documentación relacionada con este proxecto.
- Queremos saber como se atopan os trámites do Fondo de Compensación Ambiental, tanto o recurso presentado sobre a anualidade 2021, e tamén se foi presentada a solicitude da anualidade 2022 informando sobre o seu estado e os proxectos presentados.
comentarios