Iniciativas do BNG para o pleno de marzo

28 feb. 2021 - 19:25
O BNG de Viveiro presenta para o vindeiro pleno do 2 de marzo o seguiente:
Mocións:
- A páxina web do Concello de Viveiro nin informa, nin é clara, nin é transparente, conta con contradiccións, desactualizacións e omisións no contido das informacións, sen que a persoa usuaria coñeza que información é real e cal non, e cunha estrutura e deseño desorganizados e pouco funcionais polo que presentamos esta moción para transformar a páxina web do Concello de Viveiro nun servizo público transparente e actualizado.
- Moción en apoio ás reivindicacións do feminismo galego con motivo do 8M, non podemos permitir que a pandemia sexa a coartada para conxelar avances sociais nin para retroceder nos nosos dereitos.
Rogos e preguntas:
- Solicitamos información do uso, cesións, condicións... das instalacións deportivas xestionadas polo Concello de Viveiro nestes tempos de pandemia onde cada vez máis persoas se animan a realizar exercicio físico.
- Preguntamos cal é o motivo de que no Barrio do Chao non se quite a placa que honra a un fascista que foi xefe da falanxe e que tanto sufrimento causou á veciñanza de Viveiro e Celeiro.
comentarios