Iniciativas do BNG para o pleno de maio

O BNG de Viveiro presenta para o vindeiro pleno do 4 de maio o seguiente:
Mocións:
- Moción posta en común coa gran parte das asociacións, clubes e entidades sen ánimo de lucro de Viveiro, para demandar un reparto de fondos públicos en base a criterios de obxectividade, concorrencia e publicidade que garantan a transparencia das actuacións.
- Solicitamos a recuperación do mural de vidrieiras doado polo señor Novo Guerreiro e realizado polo artista Xosé Luis Neira Brochs, como tamén axardiñar e nomear a nova zona verde fronte á capela da Misericordia como parque das Irmandades da Fala.
Rogos e preguntas:
-
Solicitamos ao Concello de Viveiro as previsións, comprobacións e informes para dotar o rural de Viveiro de internet de alta velocidade, imprencisdíbel para fixar poboación e empresas nas áreas menos urbanas.
-
Solicitamos o cumprimento da nosa moción aprobada en pleno para que a sinalización de rutas de sendeirismo esteña para antes do verán, algo básico e necesario que xa vén con moito retraso.
-
Preguntamos polo estado no que se atopa o chan da pavillón municipal, o cal está levantado por certos lugares apesares de seren recentemente renovado.
-
Rogamos coñecer cal é o motivo de que o pavillón municipal non poida contar con liñas de marcaxe para outras actividades deportivas como as de bádmiton, habendo en Viveiro un clube específico deste deporte.
-
Exiximos ao Concello a actuar nas edificacións abandoadas e abertas á vía pública en Covas que tantas molestias están a ocasionar á veciñanza.