Iniciativas do BNG para o pleno de febreiro

01 feb. 2022 - 17:02
Dende o BNG de Viveiro presentamos as seguintes iniciativas para o vindeiro pleno do 1 de febreiro:
- Propoñemos a instalación de paneis led informativos coa finalidade de suministrar información sobre actividades culturais, deportivas ou sociais, así como publicidade e promoción de servizos que permitirían o autofinanciamento dos paneis.
- Co sector da carne ao fronte, reiteramos a necesidade de reabrir o matadoiro exixindo ao goberno de Loureiro que traballe na busqueda de solucións, na redacción de pregos para a posterior licitación e mesmo na búsqueda de fondos para subsanar as deficiencias que presenta a edificación.
- Tras a desidia da alcaldía no paseo fluvial do Landro, volvemos reiterar da necesidade de mellorar a seguridade neste paseo colocando malla antiescorregante no chan, medida económica e fácil de aplicar.