Iniciativas do BNG para o pleno de decembro

14 dec. 2021 - 20:00
Dende o BNG de Viveiro presentamos as seguintes iniciativas para o pleno do 14 de decembro:
- Propoñemos ao goberno iniciar un plan integral de posta en valor e conservación das fontes municipais, con moitas delas sen caudal ou comidas polas herbas.
- Exiximos explicacións a María Loureiro e Suso Fernández pola súa negativa a habilitar zonas para cans en Viveiro.
- Falto de iniciativas, demandamos máis traballo no ámbito turístico comezando pola sinalización de roteiros.
- Instamos novamente ao Goberno do PSOE a pór en marcha o Plan de Mantemento das estradas municipais que rexeitaron no seu dia. Vendo o estado das mesmas, vólvese unha necesidade seguir un Plan e deixar a un lado as improvisacións.