Iniciativas do BNG para o pleno de decembro

10 dec. 2019 - 10:43
Aquí van as nosas iniciativas para o pleno do 11 de decembro:
Mocións
-
Moción para unha política municipal en infraestruturas viarias que se apoie nun Plan de mantemento, conservación e rehabilitación da súa rede viaria, articulado a través de programas concretos de actuación a realizar nos vindeiros anos.
-
Ante a falta de perspectivas de realización persoal e laboral, viveirensxs e galegxs tiveron que coller a maleta para se gañar a vida fóra. Presentámos esta moción para reducir a emigración que está a provocar desarraigamento, familias rotas, desertización económica e a perda de horizonte de futuro dun país.
Rogos e preguntas
- Exixiremos que o PSOE tome medidas nas edificións ruinosas de Covas, xa que é responsabilidade do concello adoptar as medidas preventivas necesarias ante un perigo.
- Que ocorreu co suposto proxecto do parque Pernas Peón? será a pregunta que lle formularemos ao PSOE a case un ano de que anunciaran que o parque xa tiña proxecto e que ía ser recuperado.
- Preguntaremos si o PSOE ten pensado incluir a convocatoria dun programa de axudas e/ou convenios de colaboración dirixidas a entidades prestadoras de servizos sen ánimo de lucro, tal e como é AFA, e se estarían dispostos a estudar a viabilidade dun proxecto de rehabilitación e acondicionamento do edificio Calvo Sotelo, para darlle uso como Centro de Día así como a súa cesión a AFA.
- E por último preguntaremos cal é o estado do convenio asinado polos concellos de Viveiro, Alfoz e O Valadouro para pór en marcha un obradoiro de emprego para un total de 20 persoas, un programa dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas desempregadas.
comentarios