Iniciativas do BNG para o pleno de agosto

02 ago. 2021 - 22:13
No BNG de Viveiro presentamos o seguinte para o pleno do 4 de agosto:
- Moción para reactivar o palco da música de Viveiro abrindo os aseos a disposición da veciñanza e xestionando o local dispoñíbel.
- Instamos a que se de cumplimento da moción do BNG para habilitar zona para cans este mesmo verán, que xa vai tarde.
- Ante as numerosas evasivas e a afirmación de que a alcaldía non realizou xestión administrativa algunha, voltamos preguntar que actuacións fixeron entón para conquerir a creación do 3º Xulgado en Viveiro.
- Exiximos actuar en Boimente ante un desprendemento que leva máis de ano e medio obstruíndo e deteriorando a estrada do Camiño Vello.
comentarios