Iniciativas do BNG para o pleno de abril

O BNG de Viveiro presenta para o vindeiro pleno do 6 de abril o seguiente:
Orzamentos municipais 2021:
- Este é o noso posicionamento fronte aos orzamentos municipais 2021 que presentou o cogoberno municipal.
Mocións:
- Sobre o incremento dos abusos bancarios contra as persoas consumidoras e o deterioro dos servizos financeiros en Galiza.
- Solicitar a creación da autoridade portuaria de San Cibrao, segregándoa da actual Ferrol-San Cibrao, e demandar a liberalización e apertura ao tráfico comercial do dique norte do porto comercial de San Cibrao.
Rogos e preguntas:
-
Tendo en conta que no pasado pleno a resposta da alcaldía ás preguntas presentadas en relacion coas instalacións deportivas foi canto menos inexacta e incompleta, demandamos de novo resposta a cerca das instalacións en uso, cesión das mesmas e procedemento para acceder ás mesmas por parte da veciñanza.
-
A Acacia Dealbata, coñecida tamén como "mimosa", é unha especie exótica que está catalogada como invasora sendo unha ameaza para os ecosistemas e especies autóctonas. Que medidas de prevención ten previstas o equipo de goberno?
-
Tendo en conta que o Plan Municipal Contra os Incendios Forestais se aprobou definitivamente en decembro do 2020, solicitamos coñecer o estado de elaboración da segunda parte do documento, se o goberno municipal ten pensado poñer en marcha unha campaña informativa que abarque todas as parroquias do municipio, se se puxo a disposición da veciñanza nun lugar visible da web oficial do concello, un visor coa planimetría na que se delimiten as zonas de afección e se están a estudar vías de colaboración coa veciñanza para buscar usos e aproveitamentos alternativos nesas franxas.