Iniciativas do BNG de Viveiro para o pleno de febreiro

08 feb. 2023 - 18:26
Estas son as iniciativas do BNG e que presentará a nosa concelleira, Míriam Bermúdez, neste pleno do 8 de febreiro:
- Propoñemos crear unha rede de Centros de Interpretación en Viveiro, ambiciosa moción pero necesaria, pois xa é hora de poñer en valor o noso patrimonio.
- Preguntamos a Loureiro "para cando" pensa poñer en marcha as nosas mocións para crear máis aparcamentos en Cantarrá e Lodeiro, usando solares como aparcadoiros e retirando o enreixado de Lodeiro.
- Faro reclamou varias necesidades no último "Cóntallo a ti a Míriam Bermúdez"; plantación de árbores, calmado do tráfico, iluminación e mantemento do rio e das súas estradas.
- Concienciar dos beneficios da bicicleta como medio de transporte ou facelas máis cómodas e seguras en Viveiro, parece ser unha odisea para María Loureiro, preguntamos pola súa negativa a este avance.