GRAZAS

En plena crise do Covid-19, Viveiro está a demostar ser un povo solidario volcándose na elaboración de perto de 10.000 máscaras de forma altruista para a nosa veciñanza.
Nunca teremos suficientes agradacementos para todxs xs comerciantes e persoas particulares, que incluso atravesando unha crise sanitaria e económica sen precedentes, doaron material de maneira totalmente gratuita polo ben común.
A todxs vós, GRAZAS:
- As 106 voluntarias
- Loli Polo, Escola de Costura
- Emerxencias Viveiro
- África Copias
- Librería e Papelería FP
- Mercería-Paquetería A Bolboreta
- Mercería-Paquetería Nuria
- Tejiendo Sueños
- Moda Jim
- Elena Giganto Álvarez
- CEIP Plurilingüe de Covas
- Todos os bazares chinos de Viveiro
- Marané moda Infantil
- Gadis
- Alcoa