O Goberno Municipal suspende a contratación de persoal administrativo sen comunicarllo ás persoas participantes do proceso selectivo

O Goberno Municipal suspende a contratación de persoal administrativo sen comunicarllo ás persoas participantes do proceso selectivo

A alcaldesa de Viveiro María Loureiro, recoñeceulle á portavoz do BNG no pleno do pasado 5 de agosto, que o proceso de selección para a cobertura de dúas prazas de administrativxs por acumulación de tarefas permanecía paralizado porque o Goberno do PSOE consideraba agora que non había necesidade destas contratacións posto que según eles o teletraballo do funcionariado durante estes meses axudara a axilizar a tramitación dos expedentes, e polo tanto, o goberno estaba plantexándose suspender definitivamente o proceso. Un proceso que se iniciou no mes de marzo e cuxos prazos foron interrumpidos durante a declaración do estado de alarma, pero que o propio Concello, convén recordar, volveu retomalo no mes de xuño unha vez levantada a suspensión de prazos administrativos, abrindo un novo prazo para que as persoas interesadas presentaran a súa solicitude para participar no mesmo. 

Desde o BNG de Viveiro, que presentou no pleno un rogo á alcaldesa para axilizar este proceso selectivo, consideran esta rectificación como o resultado da improvisación e tachan ao Goberno de María Loureiro de falta de rigurosidade e planificación do traballo, ademais dunha total falta de respecto para coas persoas que se presentaron a este proceso que até o día de hoxe agardaban pola publicación da listaxe de persoas admitidas no proceso e as datas das probas. A portavoz municipal do BNG, Míriam Bermúdez, considera inadmisíbel que o Goberno do PSOE poña en marcha un proceso de contratación creando falsas expectativas laborais á veciñanza e que aínda por riba non se lles informe ás persoas que participaron neste proceso da súa suspensión.

Por outro lado, as e os nacionalistas parécelles cando menos curioso que o goberno afirme agora que non hai necesidade deste persoal administrativo, cando en xuño consideraban o contrario e cando veñen fundamentando de xeito reiterado, a sobrecarga de traballo e escasez de persoal nos servizo de contratación con retrasos nos exptes de licitación pola falta de persoal tècnico especializado para levantar os innumerábeis reparos de legalidade formulados pola Intervención Municipal aos expedentes de pago de facturas nos que se lles advirte da falta de procedemento de contratación e aplicación das regras contidas na LCSP (Lei de contratos). E cando ademais, no Servizo de Contratación segue sen cubrirse unha praza de Técnicx e no Servizo de Promoción de Emprego están sen cubrirse, entre outras, a praza de Auxiliar Administrativx e a praza de Administrativx. 

Para o BNG o que ven a evidenciar esta rectificación, ademais da incapacidade de xestión e a constante falta de planificación do Goberno Municipal, é a necesidade da posta en marcha de procesos selectivos mediante concurso de oposición para a elaboración de listaxes de contratación de persoal funcionario interino, de cara a facer substitucións ou executar programas temporais dentro de diversos postos, como neste caso é o do Grupo C1 da Administración Local, o q suporía poder cubrir as prazas vacantes nos diferentes servizos do Concello e as necesidades puntuais de persoal dun xeito case automàtico, evitando a ralentización dos expedientes administrativos e contribuíndo así a mellorar a súa eficiencia na prestaciòn de servizos á veciñanza de Viveiro e na relación interadministrativa co resto de administracións e organismos públicos.

 

Eis a resposta oficial da alcaldesa ao rogo formulado pola concelleira do BNG, Míriam Bermúdez:

O Goberno Municipal suspende a contratación de persoal administrativo sen comunicarllo ás persoas participantes do proceso selectivo
comentarios