A falta de transparencia de Loureiro constátase tamén no Matadoiro evitando entregar a documentación ao BNG

En relación co Matadoiro Municipal onde temos solicitado dende hai 4 meses toda a documentación relacionada co mesmo e o seu peche, solicitando:
“Copia da documentación relacionada co inventario que tivo que facerse durante o primeiro mes despois da contratación (cláusula 6.4 do contrato) así coma todos os eventuais rexistros que se puideran ter realizado durante os "labores de inspección" que puidera ter realizado o Concello "de maneira continuada" durante o período da vixencia do contrato.”
Ningunha información se nos ten remitido por parte do Concello de Viveiro, é máis, segue o goberno de María Loureiro ante un asunto tan trascendente, adiando a convocatoria da comisión na que tratar a documentación polo miúdo, polo que instámolos a que se convoque na maior brevidade.
Estamos a falar dun asunto prioritario e urxente que require de toda a atención do equipo de goberno, máxime cando temos a un traballador dunha empresa municipal que aínda non cobrou.