Exiximos a Loureiro que deixe de denegar á veciñanza a escola de Valcarría de maneira sistemática

Exiximos a Loureiro que deixe de denegar á veciñanza a escola de Valcarría de maneira sistemática

O pasado mes de abril solicitabamos dende o BNG o uso da escola de Valcarría para a celebración dun acto co tecido asociativo do concello de Viveiro. Dita solicitude foi desestimada nos seguintes termos:

Tendo en conta que unha parte da Escola de Valcarría está cedida a unha asociación e que a outra, segundo información facilitada polo encargado de obras en datas pasadas, cando vostede solicitou o uso desta escola, non se atopa en condicións para o seu uso, ao ser necesario preparala.

Tendo en conta que o encargado de obras se atopa de vacacións, polo que non resulta posible preparar esa parte para o seu uso no día de hoxe.

Temos coñecemento de que en datas recentes, esta mesma escola foi solicitada para a realización dun curso para a veciñanza da parroquia e foi denegada polos memos motivos.

Cinco meses despois, a escola de Valcarría continúa sen poder ser utilizada pola veciñanza polo que rogamos se proceda na maior brevidade a adecentar a instalación ou en tal caso revisar a cesión que se ten feito, dándolle outra forma, para que tamén poda ser utilizada polas veciñas e veciños da parroquia.

Exiximos a Loureiro que deixe de denegar á veciñanza a escola de Valcarría de maneira sistemática
comentarios