Elimínase un novo punto de verquido na ría de Viveiro

Elimínase un novo punto de verquido na ría de Viveiro

Este 25 de setembro, realizaranse as obras centradas na renovación dun colector de saneamento vello para suprimir un punto de verquido tras a estación de autobuses.
Dende o BNG levamos anos traballando para termos unha ría limpa e é agora cando podemos apreciar os froitos das nosas reivindicacións.

Miriam Bermúdez sinala que “tras décadas con ducias de puntos de verquido e un saneamento moi deficiente, a situación actual é moito mellor grazas ao noso traballo neste último ano. Aínda así, queda moito traballo por facer: a recepción da nova EDAR, que o concello asumirá en breves, ou a ampliación do saneamento nas parroquias. Son estes algúns dos nosos obxectivos prioritarios”.

Elimínase un novo punto de verquido na ría de Viveiro