Continúa o perigo nas edificacións ruinosas de Covas

Continúa o perigo nas edificacións ruinosas de Covas

Hai dous anos, o 29 de decembro do 2017, no BNG de Viveiro rexistrábamos no Concello un escrito dirixido ao goberno do PSOE esixindo que adoptasen medidas preventivas de seguridade e salubridade ao longo de todo o perímetro dos edificios Seiramar (antigo Hotel Cociña) e o antigo Serra, que presentaban e presentan un estado lamentábel cun deterioro moi avanzado para,  evitar así, que lle ocorra unha desgraza a calquer viandante que pase por esta zona.

O PSOE, que nos contestou vía prensa, negouse rotundamente a actuar e a dicir básicamente que fixeran todo o que puideran, mais desde o BNG pensamos que a integridade física debe de ser o primordial para un Concello e, ante a gravidade da situacións convocábamos un "balizado simbólico", reivindicación para facer de novo fincapé na falta de medidas preventivas onde acudiron decenas de veciños e veciñas para exixir ao Concello, que garanta a seguridade dos viandantes dado o risco de desprendementos neste tramo.

Mais por desgraza nada mudou en dous anos, polo que agora que volvemos ter voz no concello, preguntaremos no vindeiro pleno que requirimentos ou accións levou a cabo o Concello para pórlle remedio a esta situación.

Continúa o perigo nas edificacións ruinosas de Covas
comentarios