BNG apoia a demanda de máis de 100 veciñxs do Casco de Viveiro difundido o seu escrito "O Bronx da Mariña"

BNG apoia a demanda de máis de 100 veciñxs do Casco de Viveiro difundido o seu escrito "O Bronx da Mariña"

Dende o BNG de Viveiro apoiamos a demanda da Asociación de Veciñxs do Casco Antigo de Viveiro que integran máis de 100 veciños e veciñas, é por iso que deixamos aquí o seu texto íntegro para unha maior difusión.

 

O BRONX DA MARIÑA

Pois sı́ señores e señoras, a Mariña xa ten o seu Bronx, o Casco Antigo de Viveiro. Un pobo tranquilo, presume Dona Marı́a Loureiro no seu propósito de tapar o sol cun dedo ante os últimos feitos acaecidos no Casco Histórico despois da reunión cós corpos de policía o pasado 4 de xaneiro.

Acabousenos a pacencia, dende a Asociación de Veciñxs Casco Antigo de Viveiro queremos transmitir a nosa indignación e consecuente preocupación e alarma.

Nunha das moitas reunións desta asociación coa alcaldı́a, alguén do equipo de goberno escandalizábase de que se utilizase esta comparación que volveu aparecer na prensa a raiz dos acontecementos acaecidos a pasada noite de Reis.

Que é o que pasa en Viveiro para que un home saque unha pistola nun local de ocio nocturno do casco vello ás cinco da mañá e ninguén chame a policía, tampouco o responsable do local, como serı́a a sua obriga?

Que pasa en Viveiro para que un tı́po con pistola, “siga a discusión na rúa e prolongue a festa por outro local de mañaneo”, como se non pasara nada?

Que máis ten que pasar para que dende a alcaldı́a escoiten a esta asociación, nos resposten as preguntas e demandas que lles dixemos e tomen medidas urxentes e drásticas para enfriar a movida no Casco?

Que ten o Casco de Viveiro para que cando pechan os locais nocturnos en Covas e noutros sitios veña a xente para aquı́, pechan máis tarde os locais? hai máis permisividade e favoritismo?

Dende esta asociación queremos denunciar publicamente o pasotismo e desleixo da alcaldı́a neste tema, non é verdade que vostedes fixeran o necesario nin o
suficiente para atallar o problema do botellón e o gamberrismo nocturno. Atrevemonos a decir que non fixeron nada, máis aló de ir avisando ós locais de que teñen que pechar á hora, como se a policia fora o sereno do pobo.

Non é verdade que a culpa sexa da intolerancia dos veciños e incluso desta asociación, como se ten insinuado máis dunha vez, incluso intentando deslixitimar a nosa representatividade.

Temos dereito ao descanso por riba de negocios particulars e imolo defender con uñas e dentes.

Xa está ben de negar a evidencia e mirar para outro lado, ENTÉRENSE DUNHA VEZ, NO CASCO TEMOS UN PROBLEMA MOI GORDO CO OCIO NOCTURNO!

O negacionismo non axuda a resolver o problema, máis ben o contrario, hai que poñer as ferramentas legais para solucionalo, HAI QUE TRABALLAR!

Esto parece a cidade sen Lei, non hai Ordenanza ningunha que regule este tema, a pesar das nosas denuncias dende fai máis de catro anos, apenas hai sancións nin identificacións por beber na rúa, menores incluı́dos, nin por ter a música alta coas portas abertas.

O paraiso da noite, non hai control ningún nen inspeccións sobre estes locais, en canto a seguridade, sonorización, aforo, electricidade, sanidade, accesibilidade... Aquı́ podese reabrir locais con licenza dende os anos 70 caducada, simplemente presentando unha Declaración Responsable, listo xa está, non se preocupen que
xa poden abrir. Que lles importa o resto….

Señoras e señores da Mariña, cando pechen todo a altas horas da madrugada veñan a divertirse ao Casco de Viveiro, aquı́ temos MAÑANEO, si si leron ben
MAñANEO, trátase dunhes bares que abren as seis da mañá, non para dar bocatas e cafés como se fixo toda a vida, non, son bares que funcionan como pubs
con música alta onde recala a xente unha vez que pechan os outros locais, aquı́ non se acaba a noite.

Tampouco se aplica o Decreto 124/2019 sobre o Catálogo de espectaculos públicos, a pesar das nosas demandas, onde se regulan as categorı́as dos locais, que máis da, o que importa e a festa.

Si aquı́ só importa a festa, que recoñecemos que fai falla e nos tamén queremos que a haxa e gustarianos que o Casco fose un lugar de encontro, tamén co ocio,
pero non ası́, non pode ser que catro locais nocturnos, contados, envelenen a vida da veciñanza. A estes e os que nos diriximos neste escrito, do resto da hostalaria, o 99% non temos absolutamente nada que dicir, nada máis que agradecerlles o seu esforzo e tesón por sacar adiante os seus negocios, moitas veces compitindo
en desigualdade cos locais que non cumplen.

Estes locais son os que precisamos no Casco Antigo, os que respectan a veciñanza e dialogan con ella, que fan máis pobo, animan e divirten, que cumplen
as normas e evitan as molestias, que crean postos de traballo estable.

VIVEIRO MERECESE UN CASCO SEN GAMBERRADA, LIMPO E BEN COIDADO, É PATRIMONIO DE TODOS E TODAS.

BNG apoia a demanda de máis de 100 veciñxs do Casco de Viveiro difundido o seu escrito "O Bronx da Mariña"
comentarios