CÓNTALLO TI en Landrove

27 mar. 2022 - 19:24
Este martes 29, estaremos no café-bar-alimentación María Esther, en Landrove, a partires das 19h para escoitar e recoller propostas, demandas, ideas ou queixas que as veciñas e veciños queirades trasladarnos ao BNG e á nosa concelleira Míriam Bermúdez.
Cos encontros Cóntallo ti, cos que xa levamos anos visitando as parroquias do concello, potenciamos a voz da veciñanza trasladando e defendendo as vosas demandas no pleno municipal, lugar onde vimos demostrando desde o comezo a nosa defensa nos intereses das veciñas e veciños de Viveiro, moi lexos dos intereses particulares que demostran outras formacións.
Non faltes, vémonos en Landrove!
comentarios