O Concello publica hoxe, 15 de agosto, as Bases Xerais para contratar un tecnicx o 15 de xuño deste mesmo ano

12 ago. 2020 - 16:02
O Goberno Municipal do PSOE publica hoxe, 12 de agosto, as Bases Xerais para a contratación dun técnicx para a oficina de turismo de Viveiro desde o 15 de xuño até o 15 de setembro deste ano.
Unha mostra máis da incapacidade de planificación e organización de traballo do Goberno de María Loureiro e que pon de novo en evidencia a necesidade urxente de poñer en marcha un proceso selectivo para a creación de listas de contratación temporal de diferentes categorías para axilizar a cobertura provisional das prazas vacantes nas diferentes áreas de traballo do Concello de Viveiro. Tal e como vimos propoñendo desde antes do pleno dos orzamentos 2020.