Complicado para Loureiro o que centos de concellos fan, utilizar solares como aparcadoiros

Complicado para Loureiro o que centos de concellos fan, utilizar solares como aparcadoiros

Aos poucos meses de aprobarse a moción do BNG para baixar a siniestralidade en Covas, a Xunta de Galiza dende a AXI (Axencia Galega de Infraestruturas), mostraba a súa conformidade á proposta nacionalista e mandaba ao Concello de Viveiro un proxecto elaborado para mellorar a seguridade viaria nesta estrada que atravesa Cantarrana.

A día de hoxe e meses máis tarde, María Lourero continúa sen remitirlle resposta algunha á Xunta de Galiza, retrasando as obras de mellora, así como tampouco fixo nin cumpriu co apartado número 3 da nosa moción que insta ao Concello de Viveiro a xestionar en Cantarrana o uso de solares privados dispoñíbeis como aparcadoiros públicos, medida que aumentaría de forma considerable o número de prazas de aparcamento na zona.

A concelleira do BNG Míriam Bermúdez, preguntou neste pleno de xaneiro polos avances desta moción, mais para a alcadesa parece ser unha ardua tarefa a de xestionar solares privados como aparcadoiros públicos, e así o confirma o feito de que pasase un ano desde a aprobación da moción sen ningún avance por parte da administración que rexenta.

Míriam Bermúdez afirma que “é unha mágoa que Cantarrana non conte con máis prazas de aparcamento pois son mínimas as xestións. É unha medida moi sinxela de aplicar e extendida en numerosos concellos, utilizando diversos métodos legais como o comodato ou préstamo de uso”.

 

Ocultación de datos

Ademais da pouca disposición do PSOE de Viveiro por respectar os acordos plenarios, tamén hai que sumar a ocultación intencionada de información relevante ao BNG.

Míriam Bermúdez preguntoulle á alcaldesa por que non lle fora remitido ao BNG un escrito que fixo o propietario dun solar, quen especificou no propio documento que fose remitido a todos os membros da corporación municipal. No escrito, o propietario solicitaba que se lle tivese en conta ou seu solar despois de máis dunha década prestándoo gratuitamente para o seu uso público como aparcadoiro nas inmediacións do Colexio de Covas.

María Loureiro non contestou nin ao propietario do solar ao escrito rexistrado nas dependencias do Concello, nin a pregunta de Míriam Bermúdez formulada na sesión plenaria.

Complicado para Loureiro o que centos de concellos fan, utilizar solares como aparcadoiros
comentarios