Campo de Verdes sen servizos básicos e Loureiro sen capacidade resolutiva

Campo de Verdes sen servizos básicos e Loureiro sen capacidade resolutiva

Veciñanza de Campo de Verdes, en Viveiro, acumulan sustos e preocupacións pola estreitez do paso que vai cara as súas casas impidindo a entrada de vehículos de servizos básicos municipais. Entre eles están os camións de bombeiros, ambulancias medicalizadas e incluso o habitual servizo de recollida de lixo ao non poder entrar un camión do lixo de tamaño estándar, utilizando o Concello de Viveiro un improvisado camioneto sen equipo de compactación e que nin acude ao lugar de forma diaria.

Campo de Verdes está a vivir unha situación moi similar á da Misericordia, caso denunciado e defendido tan só polo BNG hai menos de 3 meses, onde María Loureiro tamén se escudou na actual ordenanza que, segundo ela, non lle permite actuar até aprobar o PXOM.

Á concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, destaca a cómoda posición da alcaldesa onde “en lugar de buscar solucións busca a desculpa para non actuar. Tampouco co PXOM se ve unha alcaldía resolutiva, con María Loureiro demostrando falta de seriedade e contundencia para a súa aprobación, tal como xa denunciamos no seu día. Cunha media de unha reunión anual, María Loureiro di estar interesada na aprobación do PXOM.”

Ademais das excasas reunións para abordar a aprobación definitiva do PXOM, hai que sumar as peticións contrarias que fai a alcaldía en cada reunión, por exemplo: a alcaldesa informaba en 2019 que o PXOM que estivo en elaboración durante 10 anos era mellor abandonalo e comezar cunha nova elaboración do PXOM desde cero, para logo María Loureiro na reunión do 2020, informar de que a mellor opción era continuar coa tramitación do documento elaborado anteriormente. Dúas reunións cun ano e 3 meses de marxe, con peticións á Xunta e aos técnicos municipais totalmente contrarias.

Para Míriam Bermúdez “non se están a tomar as cousas en serio e os problemas reais da veciñanza non se están a resolver. É preciso buscar os “atallos” legais necesarios que permitan o trato indiscriminado e servizos básicos por igual de toda a veciñanza do concello.”

Campo de Verdes sen servizos básicos e Loureiro sen capacidade resolutiva
comentarios